Seguimos latexando! Recibimos ao primeiro porteiro desta nova era dos Latexos Albivermellos. Unha posición que nos últimos anos foi gañando diversidade ata chegar a un punto no que non existe un nome fixo no once inicial. Visítanos Iker Piedra, un rapaz novo, con moita historia persoal que contar e que se está a consolidar como gardameta no equipo de Yago Iglesias.
Dende os seus inicios co balón ata como está a ser a actual tempada albivermella. Dalle ao play!
Dirección: Álex Gato e Xosé Ramón Penoucos
Ilustrísimo representante da afeción: Edgar Marentes
Son en directo: Noemí Vázquez
Música orixinal: Sergio Vallejo
Pos-produción e arranxos visuais: Álex Gato
Visita https://cadenaser.com/emisora/radio_lugo
Síguenos en Facebook: https://www.facebook.com/radiolugoser
Twitter: https://twitter.com/radiolugoser
Instagram: https://www.instagram.com/radiolugoser?igsh=MWVvYmYwdjFsdXk4dA==